miércoles, 21 de noviembre de 2012

O camiño da paz.





Paz Raña Lama.
Un artigo da miña amiga Paz Raña, no xornal dixital Praza Pública, leva bailando todo o día na miña cabeza. Un canto de esperanza nunha sociedade realmente civilizada onde a palabra sexa o camiño para a resolución dos conflictos. Ben escrito, como nela é habitual, e cargado de sabiduría e emoción.
Mentres as bombas caen (caían?) sobre a Franxa de Gaza e os cohetes disparan as alarmas en Israel, Paz é quen de aprendernos que hai luz logo da noite e que depende de cada habitante deste planeta que esa luz chegue e permaneza acesa  para sempre.
Paz sempre foi así: humana e intelixente. Unha mestra a quen escoitar e con quen procurar compartir camiño.
Pero, por si o día non estaba completo, acabo de atopar, tamén a través de Praza, un video de Euskal Televista no que se informa dunha xornada en lembranza de Ernest Lluch, un pacífico socialista víctima da violencia de ETA, que ao mellor seguiades no programa La ventana da Ser conducido por Genma Nierga. O motivo da nova é a presencia de dous representantes do que adoitan en chamar a esquerda abretzale na xornada. A súa presencia mostra que se está a recorrer un novo camiño en Euskadi no que a palabra pode chegar a substituir ás armas.

Rosa Lluch
Sin embargo, nese video hai unha imaxe, unha persoa, que é como lóstrego que, en sentido bíblico, é quen de facer que caiamos definitivamente do cabalo: Rosa Lluch, a filla de Ernest. Un exemplo de dignidade e perdón.
Non pode haber paz sin asumir a verdade e ter capacidade de perdoar. Esas, e non outras, son as verdaderas actitudes heroicas que o mundo precisa.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario