martes, 20 de noviembre de 2012

Mergullados na néboa.


En principio foi a néboa. Logo chegou todo o demáis.

"De quen estaría escapando o primeiro habitante do Porriño?", di o meu amigo Roger, que ten a retranca propia dos galegos que son quen de poñer a orella para captar os harmónicos da cultura oral deste país.

Pero o certo é que aprendeunos a mirar o mundo dun xeito que non é posible nas terras soleadas, demasiado claras e precisas, demasiado evidentes. O noso é saber que as cousas non son exactamente como parecen senón como se nos aparecen, e que "teñen días", como dí  O Carrabouxo.

Para min, a néboa é o camiño ao instituto, co abrigo, os libros e esa sensación que tes ao saír dunha película, mentras a historia, a música, as voces,... siguen xogando no teu maxín; o mundo das ensoñacións sensuais, que acomodan os teus pasos ao ritmo da sorpresa, do incerto.
O mesmo que o Castroforte del Baralla de Torrente, nós aprendemos, na néboa, a levitar sobre o chan cando nos imos ensimismando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario